Con la tecnología de Blogger.

lunes, 23 de noviembre de 2015

ESCOLA DE MÚSICA CODA

| No comment

Somos unha escola de música e danza que levamos dende o 2003 repartindo arte. Clase de canto e técnica vocal, instrumentos, solfeo, baile...
Dende a súa fundación no ano 2003, entre os obxectivos desta Escola destacamos o de acercar o mundo da música a xente de todas as idades (dende os tres anos en diante), adaptándose en todo o posible as necesidades ou obxectivos do alumno, ben sexa nas asignaturas que ofertamos (máis de vinte como canto, piano, saxofón, guitarra, baixo, gaita...), como horarios flexibles (abrimos de luns a sábados, e horarios de mañán e de tarde).

A ubicación da escola nos Duráns, en Vilagarcía de Arousa, a uns 200 mts do Concello, favorece a afluencia de persoas de todalas idades e tanto de Vilagarcía como dos concellos limítrofes, que queren incrementar, perfeccionar ou adquirir coñecementos musicais.

Co fin de atender esta demanda en condicións, así como de mellorar a calidade das materias impartidas, a Escola de música CODA afrontou a principios de 2007 un reto tan importante como é o de cambiar de local, dispoñendo actualmente de 6 aulas totalmente acondicionadas e preparadas para o estudio e ensaio musical con novas e modernas instalacións, potenciando a posta en marcha de novos proxectos e asignaturas como a Informática Musical, Alquiler de Aulas de estudio insonorizadas...

A Escola de Música CODA naceu gracias á iniciativa de dúas rapazas que tras rematar os seus estudios musicais, decidiron iniciar a difícil tarefa de montar unha escola de música privada, actualmente hai máis de 10 profesores que teñen en común xuventude, experiencia e formación tanto musical coma nos escenarios aportando ó alumnado todo o necesario para ir progresando no mundo da música.

As novas instalacións permitiron que a Escola de Música CODA avanzara en novos campos como é o Baile, así actualmente ofertamos Bailes de Salón, Danza Oriental, Baile Moderno e a sempre espectacular Capoeira.

Infórmate sen compromiso
Escola de Música CODA
r/ Ramón Otero Pedrayo, nº 9
36600 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Tfno: 986502181 - 616599290
email: escolamusicacoda@escolamusicacoda.es


Tags :

No hay comentarios:

Publicar un comentario